Dende o ano 2016, o 11 de febreiro celébrase o "Día da muller e a nena na ciencia". O obxectivo principal deste día tan especial, é lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xéneros. Para potenciar as vocacións STEAM é imprescindible visibilizar o labor de mulleres que traballaron ou traballan en ciencia.