Entradas

Experimentando con Alxinato e Cloruro de calcio

Imagen
  É coñecido o uso do alxinato de sodio (polisacárido natural extraído das algas)  na cociña para facer esferificacións e producir novas texturas para os comensais.    Experimentamos e traballamos con este produto para producir xelificacións e esferas.   Preparáronse disolucións acuosas de alxinato de sodio e de cloruro de calcio.   Os principais responsables de levar a cabo estas xelificacións, son o alxinato e unha solución de calcio a baixas temperaturas. No primeiro caso, o alxinato, tamén coñecido como sal de ácido alxínico ou aditivo E-401, é unha substancia purificada presente nas paredes celulares de algas pardas do phylum Phaeophyceae, sobre todo das especies Macrocystis pyrifera, Ascophyllum nodosum, certos tipos de Laminaria pero tamén, de certos xéneros de bacterias como Pseudomonas e Azotobacter. Estudado por primeira vez en 1883 polo químico, E. C. Standford, o alxinato é un hidrocoloide con alta capacidade para absorber auga (ata 200 a 300 veces o seu propio peso), de fá

Biomateriais

Imagen
  Pódense facer biomateriais (bioplásticos) de xeito sinxelo. Variando os reactivos os resultados son moi diferentes. 

Dióxido de carbono na respiración

Imagen
Escanea o QR: no vídeo compróbase como cambia de cor a disolución tal e como se explica no cartel. 

2023...

Imagen
 Neste 2023 están proxectadas tres misións privadas para ir á Lúa. En marzo, espérase que unha nave espacial privada xaponesa e dúas estadounidenses aterricen no satélite. A que chegue primeiro, convertirase na primeira expedición privada en pisar a Lúa.  Podes descargar o calendario da NASA en  https://science.nasa.gov/get-involved/toolkit/planning-guide

Bacterias beneficiosas

Imagen
  As bacterias son un compoñente fundamental do iogur xa que interveñen no proceso de fermentación do leite para obter posteriormente este produto lácteo. As bacterias que se usan na produción de iogur, son microorganismos benignos que podemos atopar en grandes cantidades na natureza e no noso aparello dixestivo. “ Lactobacillus bulgaricus ” e “ Spreptococcus thermophillus ” son nomes das dúas principais especies de bacterias que interveñen no proceso de fermentación do leite para producir iogures. No club explicouse como facer iogur e o alumnado coa axuda das familias fabricou iogur na casa.

O Reino Vexetal

Imagen
   Coa chegada da primavera parece interesante buscar e clasificar plantas da contorna. Un herbario é unha actividade moi enriquecedora para os rapaces e rapazas, xa que incorpora labores de indagación, recolección, investigación e todo acompañado de creatividade.     Todo o traballo para desenvolver o herbario favorece o coñecemento do medio, a conservación do medio natural e o recoñecemento da importancia da biodiversidade do reino vexetal.      

Cianotipia

Imagen
  En 1842, John Herschel inventou este proceso mentres realizaba experimentos con sales de ferro fotosensibles . A pesar de que Herschel foi o inventor, as primeiras impresións foron realizadas pola botánica Anna Atkins en 1843. Atkins realizou un libro de fotografía sobre fentos e diversas plantas ilustrado con esta técnica. O proceso utiliza dous composto químicos: c itrato de hierroamoniacal e ferricianuro de potasio. D a súa mestura resulta unha solución acuosa fotosensible , que se utiliza para recubrir un papel. Unha imaxe positiva pordúcese expoñendo a unha fonte de luz ultravioleta (como a luz solar) cun negativo. A luz ultravioleta reduce o ferro(3+) a ferro(2+). A isto séguelle unha reacción complexa do ferro(II) con ferricianuro . O resultado é unha substancia insoluble en auga , de cor azul, coñecida como Azul de Prusia . Mestúranse en igual cantidade unha solución ao 8% de ferricianuro de potasio e unha solución ao 20% de citrato de