Cianotipia
En 1842, John Herschel inventou este proceso mentres realizaba experimentos con sales de ferro fotosensibles. A pesar de que Herschel foi o inventor, as primeiras impresións foron realizadas pola botánica Anna Atkins en 1843. Atkins realizou un libro de fotografía sobre fentos e diversas plantas ilustrado con esta técnica.
O proceso utiliza dous composto químicos: citrato de hierroamoniacal e ferricianuro de potasio. Da súa mestura resulta unha solución acuosa fotosensible, que se utiliza para recubrir un papel. Unha imaxe positiva pordúcese expoñendo a unha fonte de luz ultravioleta (como a luz solar) cun negativo. A luz ultravioleta reduce o ferro(3+) a ferro(2+).
A isto séguelle unha reacción complexa do ferro(II) con ferricianuro. O resultado é unha substancia insoluble en auga, de cor azul, coñecida como Azul de Prusia.
Mestúranse en igual cantidade unha solución ao 8% de ferricianuro de potasio e unha solución ao 20% de citrato de ferro. Esta solución fotosensible aplícase sobre o papel. Ao expoñer a superficie á luz ultravioleta, o ferro nas áreas expuestas redúcese cambiado o papel á cor azul (cian) que dá nome ao procedemento. O cambio de cor depende da cantidade de luz, pero poden obterse resultados aceptables tras unha exposición de 10 a 20 minutos.
https://totenart.com/tutoriales/cianotipia/
https://www.academia.edu/29403922/LA_CIANOTIPIA_UNA_INTRODUCCI%C3%93N_A_LA_IMAGEN_FOTOGR%C3%81FICA
Comentarios
Publicar un comentario