O Reino Vexetal
Coa chegada da primavera parece interesante buscar e clasificar plantas da contorna. Un herbario é unha actividade moi enriquecedora para os rapaces e rapazas, xa que incorpora labores de indagación, recolección, investigación e todo acompañado de creatividade.
Todo o traballo para desenvolver o herbario favorece o coñecemento do medio, a conservación do medio natural e o recoñecemento da importancia da biodiversidade do reino vexetal.
Comentarios
Publicar un comentario