Portas de Ciencia
As portas das aulas da ESO adornáronse con mulleres relacionadas coa ciencia.
- Ángela Ruiz Robles: mestra, podería considerarse a inventora do primeiro libro electrónico
- Isabel Zendal: enfermeira que coidou dos nenos que viaxaron a América para inmunizar a miles de persoas da variola.
- Elena García Armada: enxeñeira e deseñadora dun exoesqueleto para nenos.
- Katalin Karikó: bioquímica, responsable do deseño das vacina de ARNm.
- Anna Atkins: creativa científica que relacionou a botánica coa fotografía.
- Antonia Ferrín: profesora, matemática e a primeira astrónoma galega.
Comentarios
Publicar un comentario