Entradas

Días de confinamento II

Imagen
Os nosos científic@s máis pequenos tamén fixeron fotos inspiradas na Ciencia.  Grazas por facer estas fotos tan chulas 👌

Limpia e desinfecta con seguridade

Imagen
É importante limpar e desinfectar superficies e habitacións nas casas. Hai que usar os produtos con precaución, non se deben mesturar entre eles e debemos ser coidadosos na súa almacenaxe. 

Días de confinamento

Imagen
Dende que iniciamos o confinamento polo COVID-19 o alumnado participou amosando imaxes DENDE A VENTÁ As imaxes debían ter algo relacionado coa Ciencia (Natureza, Ceo, Luz...) e/ou a Tecnoloxía. Temos aquí unha mostra...

Canta azucre bebes?

Imagen
Realizamos a análise do azucre presente en 12 bebidas azucaradas comerciais .  Utilizamos un refractómetro para medir a sacarosa presente nos refrescos. Deixamos os resultados da nosa investigación.

Mulleres de Ciencia

Imagen
Hoxe celebramos o día da Muller e a nena na Ciencia, este mes pásate pola biblioteca para desfrutar de  actividades divertidades e que visibilizan o papel das mulleres na Ciencia.  Charlas e experimentos na Biblioteca

Microorganismos por todas partes

Imagen
Neste proxecto comprobouse a cantidade de microorgamismos que nos rodean. Aínda que non os vexamos están aí  🦠 No noso traballo detectamos a presenza de microorganismos en superficies (mesas, chan, portas...), obxectos (tablet, móbil...) e na nosa pel. Usáronse placas Petri con agar agar como medio de cultivo.  Foise observando o crecemento, de xeito cualitativo, de fungos e bacterias nas placas.  As imaxes amosan a toma de mostra e tamén os resultados ás dúas semanas.  As superficies húmidas presentan máis fungos.  Toma de mostras Resultados

Ciencia na Biblioteca do cole

Imagen
Novembro é o mes para a CIENCIA nas bibliotecas, por iso no noso cole desenvolvimos diversas actividades. O club de ciencias colaborou activamente nelas. Homenaxe a Margarita Salas  Experimentos científicos sinxelos realizados por alumnos de primaria Xogos coa Táboa Periódica 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica  Recomendacións de lecturas de ciencia facendo e aprendendo ciencia