Portas de Ciencia
As portas das aulas da ESO adornáronse con mulleres relacionadas coa ciencia. - Ángela Ruiz Robles : mestra, podería considerarse a inventora do primeiro libro electrónico - Isabel Zendal : enfermeira que coidou dos nenos que viaxaron a América para inmunizar a miles de persoas da variola. - Elena García Armada: enxeñeira e deseñadora dun exoesqueleto para nenos. - Katalin Karikó: bioquímica, responsable do deseño das vacina de ARNm. - Anna Atkins: creativa científica que relacionou a botánica coa fotografía. - Antonia Ferrín: profesora, matemática e a primeira astrónoma galega.