Entradas

Mulleres de Ciencia

Imagen
Hoxe celebramos o día da Muller e a nena na Ciencia, este mes pásate pola biblioteca para desfrutar de  actividades divertidades e que visibilizan o papel das mulleres na Ciencia.  Charlas e experimentos na Biblioteca

Microorganismos por todas partes

Imagen
Neste proxecto comprobouse a cantidade de microorgamismos que nos rodean. Aínda que non os vexamos están aí  🦠 No noso traballo detectamos a presenza de microorganismos en superficies (mesas, chan, portas...), obxectos (tablet, móbil...) e na nosa pel. Usáronse placas Petri con agar agar como medio de cultivo.  Foise observando o crecemento, de xeito cualitativo, de fungos e bacterias nas placas.  As imaxes amosan a toma de mostra e tamén os resultados ás dúas semanas.  As superficies húmidas presentan máis fungos.  Toma de mostras Resultados

Ciencia na Biblioteca do cole

Imagen
Novembro é o mes para a CIENCIA nas bibliotecas, por iso no noso cole desenvolvimos diversas actividades. O club de ciencias colaborou activamente nelas. Homenaxe a Margarita Salas  Experimentos científicos sinxelos realizados por alumnos de primaria Xogos coa Táboa Periódica 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica  Recomendacións de lecturas de ciencia facendo e aprendendo ciencia

Ciencia na Xunqueira

Imagen
Comenzamos a nosa andadura como Club de Ciencias, con moitas ganas de traballar e aprender. A actualidade marcou o inicio do noso traballo coa triste noticia da desaparición de Margarita Salas. Pensamos que sería boa idea adicarlle a ela esta entrada. Margarita Salas doutorouse en bioquímica en 1963 pola Universidade Complutense de Madrid e posteriormente traballou durante tres anos co Premio Nobel de bioquímica Severo Ochoa na Universidade de Nova York. Máis tarde regresou a España e fundou o primeiro grupo de investigación en xenética molecular do país en 1967, no CSIC. Neste organismo descubriu que o virus  phi29 tiña un encima, phi29 ADN-polimerasa, que  ensamblaba moléculas de ADN moi rápido e con moita precisión. Salas illou o encima e demostrou que funcionaba nas células humanas, marcando o comezo de aplicacións innovadoras para as probas de ADN. "Un país sen investigación é un país sen desenvolvemento"