Ciencia na Xunqueira
Comenzamos a nosa andadura como Club de Ciencias, con moitas ganas de traballar e aprender.
A actualidade marcou o inicio do noso traballo coa triste noticia da desaparición de Margarita Salas. Pensamos que sería boa idea adicarlle a ela esta entrada.
Margarita Salas doutorouse en bioquímica en 1963 pola Universidade Complutense de Madrid e posteriormente traballou durante tres anos co Premio Nobel de bioquímica Severo Ochoa na Universidade de Nova York. Máis tarde regresou a España e fundou o primeiro grupo de investigación en xenética molecular do país en 1967, no CSIC.
Neste organismo descubriu que o virus phi29 tiña un encima, phi29 ADN-polimerasa, que ensamblaba moléculas de ADN moi rápido e con moita precisión. Salas illou o encima e demostrou que funcionaba nas células humanas, marcando o comezo de aplicacións innovadoras para as probas de ADN.

"Un país sen investigación é un país sen desenvolvemento"
Comentarios
Publicar un comentario