Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

O Reino Vexetal

Imagen
   Coa chegada da primavera parece interesante buscar e clasificar plantas da contorna. Un herbario é unha actividade moi enriquecedora para os rapaces e rapazas, xa que incorpora labores de indagación, recolección, investigación e todo acompañado de creatividade.     Todo o traballo para desenvolver o herbario favorece o coñecemento do medio, a conservación do medio natural e o recoñecemento da importancia da biodiversidade do reino vexetal.      

Cianotipia

Imagen
  En 1842, John Herschel inventou este proceso mentres realizaba experimentos con sales de ferro fotosensibles . A pesar de que Herschel foi o inventor, as primeiras impresións foron realizadas pola botánica Anna Atkins en 1843. Atkins realizou un libro de fotografía sobre fentos e diversas plantas ilustrado con esta técnica. O proceso utiliza dous composto químicos: c itrato de hierroamoniacal e ferricianuro de potasio. D a súa mestura resulta unha solución acuosa fotosensible , que se utiliza para recubrir un papel. Unha imaxe positiva pordúcese expoñendo a unha fonte de luz ultravioleta (como a luz solar) cun negativo. A luz ultravioleta reduce o ferro(3+) a ferro(2+). A isto séguelle unha reacción complexa do ferro(II) con ferricianuro . O resultado é unha substancia insoluble en auga , de cor azul, coñecida como Azul de Prusia . Mestúranse en igual cantidade unha solución ao 8% de ferricianuro de potasio e unha solución ao 20% de citrato de