Entradas

Portas de Ciencia

Imagen
As portas das aulas da ESO adornáronse con mulleres relacionadas coa ciencia.  - Ángela Ruiz Robles : mestra, podería considerarse a inventora do primeiro libro electrónico - Isabel Zendal : enfermeira que coidou dos nenos que viaxaron a América para inmunizar a miles de persoas da variola.  - Elena García Armada: enxeñeira e deseñadora dun exoesqueleto para nenos.  - Katalin Karikó: bioquímica, responsable do deseño das vacina de ARNm.  - Anna Atkins: creativa científica que relacionou a botánica coa fotografía. - Antonia Ferrín: profesora, matemática e a primeira astrónoma galega. 

Sabías que...?

Imagen
As plantas e flores presentan cores moi variadas. Estas cores dependen dos pigmentos. Os principais pigmentos son: clorofila (cor verde), os carotenoides (cores amarelas, laranxas e vermellas), as antocianinas (vermellas e rosas) e a betalaína (morado). Ademais a cor tamén depende da luz. A clorofila, substancia necesaria para que vexetais e algunhas algas capten a luz, é fluorescente. Por iso, baixo luz ultravioleta (UV) presenta unha cor rosa. A natureza non para de sorprender!

Un volcán en erupción

      O   19 setembro de 2021 iníciase a erupción dun volcán na illa da Palma na zona de Cabeza de Vaca, despois dunha intensa actividade tanto sísmica como de deformación, rexistrada desde o día 11 de setembro.      O volcán de Cumbre Vieja da Palma é o máis activo de Canarias. Volveu a amosar a súa actividade, 50 anos despois da última erupción. É un volcán bastante singular, xa que, a diferenza doutros como o Teide, está formado pola sucesión de pequenos volcáns. A saída de lava, que pode ocorrer por calquera deles, iniciouse cunha erupción de tipo estromboliano para, posteriormente, alternar fases máis hawaianas.     O alumnado de 2º de primaria  realizou un precioso proxecto sobre volcáns. Pódese ver o resultado neste vídeo:

Xabón casaeiro

Imagen
Pódese aproveitar o aceite usado para fabricar xabón. Neste enlace  explícase como facer xabón reciclando aceite doméstico usado. As imaxes son do produto obtido no club.  Sobre esa receita, pódese engadir area ou azucre e facer un xabón exfoliante, ou podes engadir colorantes para darlle cor ao teu xabón. 

Bioplásticos

Imagen
 Os bioplásticos son plásticos que derivan de produtos vexetais (fécula de millo, pataca...) a diferencia dos plásticos convencionais que derivan do petróleo.   Neste enlace  podes aprender a facer un bioplástico con materias caseiros. 

Os ecosistemas

 Como xa contamos na entrada Aprender facendo, os alumnos e alumnas de primaria do club centráronse na elaboración de modelos. Deixamos un vídeo sobre as maquetas de ecosistemas terrestres e mariños. 

Día do libro

Imagen
 Hai libros que son capaces de cambiar a interpretación  do mundo. No club de ciencias fixemos unha pequena selección de libros que revolucionaron o pensamento científico.