Un volcán en erupción
O 19 setembro de 2021 iníciase a erupción dun volcán na illa da Palma na zona de Cabeza de Vaca, despois dunha intensa actividade tanto sísmica como de deformación, rexistrada desde o día 11 de setembro.
O volcán de Cumbre Vieja da Palma é o máis activo de Canarias. Volveu a amosar a súa actividade, 50 anos despois da última erupción. É un volcán bastante singular, xa que, a diferenza doutros como o Teide, está formado pola sucesión de pequenos volcáns. A saída de lava, que pode ocorrer por calquera deles, iniciouse cunha erupción de tipo estromboliano para, posteriormente, alternar fases máis hawaianas.
O alumnado de 2º de primaria realizou un precioso proxecto sobre volcáns. Pódese ver o resultado neste vídeo:
Comentarios
Publicar un comentario