Entradas

Bacterias beneficiosas

Imagen
  As bacterias son un compoñente fundamental do iogur xa que interveñen no proceso de fermentación do leite para obter posteriormente este produto lácteo. As bacterias que se usan na produción de iogur, son microorganismos benignos que podemos atopar en grandes cantidades na natureza e no noso aparello dixestivo. “ Lactobacillus bulgaricus ” e “ Spreptococcus thermophillus ” son nomes das dúas principais especies de bacterias que interveñen no proceso de fermentación do leite para producir iogures. No club explicouse como facer iogur e o alumnado coa axuda das familias fabricou iogur na casa.

O Reino Vexetal

Imagen
   Coa chegada da primavera parece interesante buscar e clasificar plantas da contorna. Un herbario é unha actividade moi enriquecedora para os rapaces e rapazas, xa que incorpora labores de indagación, recolección, investigación e todo acompañado de creatividade.     Todo o traballo para desenvolver o herbario favorece o coñecemento do medio, a conservación do medio natural e o recoñecemento da importancia da biodiversidade do reino vexetal.      

Cianotipia

Imagen
  En 1842, John Herschel inventou este proceso mentres realizaba experimentos con sales de ferro fotosensibles . A pesar de que Herschel foi o inventor, as primeiras impresións foron realizadas pola botánica Anna Atkins en 1843. Atkins realizou un libro de fotografía sobre fentos e diversas plantas ilustrado con esta técnica. O proceso utiliza dous composto químicos: c itrato de hierroamoniacal e ferricianuro de potasio. D a súa mestura resulta unha solución acuosa fotosensible , que se utiliza para recubrir un papel. Unha imaxe positiva pordúcese expoñendo a unha fonte de luz ultravioleta (como a luz solar) cun negativo. A luz ultravioleta reduce o ferro(3+) a ferro(2+). A isto séguelle unha reacción complexa do ferro(II) con ferricianuro . O resultado é unha substancia insoluble en auga , de cor azul, coñecida como Azul de Prusia . Mestúranse en igual cantidade unha solución ao 8% de ferricianuro de potasio e unha solución ao 20% de citrato ...

Portas de Ciencia

Imagen
As portas das aulas da ESO adornáronse con mulleres relacionadas coa ciencia.  - Ángela Ruiz Robles : mestra, podería considerarse a inventora do primeiro libro electrónico - Isabel Zendal : enfermeira que coidou dos nenos que viaxaron a América para inmunizar a miles de persoas da variola.  - Elena García Armada: enxeñeira e deseñadora dun exoesqueleto para nenos.  - Katalin Karikó: bioquímica, responsable do deseño das vacina de ARNm.  - Anna Atkins: creativa científica que relacionou a botánica coa fotografía. - Antonia Ferrín: profesora, matemática e a primeira astrónoma galega. 

Sabías que...?

Imagen
As plantas e flores presentan cores moi variadas. Estas cores dependen dos pigmentos. Os principais pigmentos son: clorofila (cor verde), os carotenoides (cores amarelas, laranxas e vermellas), as antocianinas (vermellas e rosas) e a betalaína (morado). Ademais a cor tamén depende da luz. A clorofila, substancia necesaria para que vexetais e algunhas algas capten a luz, é fluorescente. Por iso, baixo luz ultravioleta (UV) presenta unha cor rosa. A natureza non para de sorprender!

Un volcán en erupción

      O   19 setembro de 2021 iníciase a erupción dun volcán na illa da Palma na zona de Cabeza de Vaca, despois dunha intensa actividade tanto sísmica como de deformación, rexistrada desde o día 11 de setembro.      O volcán de Cumbre Vieja da Palma é o máis activo de Canarias. Volveu a amosar a súa actividade, 50 anos despois da última erupción. É un volcán bastante singular, xa que, a diferenza doutros como o Teide, está formado pola sucesión de pequenos volcáns. A saída de lava, que pode ocorrer por calquera deles, iniciouse cunha erupción de tipo estromboliano para, posteriormente, alternar fases máis hawaianas.     O alumnado de 2º de primaria  realizou un precioso proxecto sobre volcáns. Pódese ver o resultado neste vídeo:

Xabón casaeiro

Imagen
Pódese aproveitar o aceite usado para fabricar xabón. Neste enlace  explícase como facer xabón reciclando aceite doméstico usado. As imaxes son do produto obtido no club.  Sobre esa receita, pódese engadir area ou azucre e facer un xabón exfoliante, ou podes engadir colorantes para darlle cor ao teu xabón.