Entradas

Experimentando con Alxinato e Cloruro de calcio

Imagen
  É coñecido o uso do alxinato de sodio (polisacárido natural extraído das algas)  na cociña para facer esferificacións e producir novas texturas para os comensais.    Experimentamos e traballamos con este produto para producir xelificacións e esferas.   Preparáronse disolucións acuosas de alxinato de sodio e de cloruro de calcio.   Os principais responsables de levar a cabo estas xelificacións, son o alxinato e unha solución de calcio a baixas temperaturas. No primeiro caso, o alxinato, tamén coñecido como sal de ácido alxínico ou aditivo E-401, é unha substancia purificada presente nas paredes celulares de algas pardas do phylum Phaeophyceae, sobre todo das especies Macrocystis pyrifera, Ascophyllum nodosum, certos tipos de Laminaria pero tamén, de certos xéneros de bacterias como Pseudomonas e Azotobacter. Estudado por primeira vez en 1883 polo químico, E. C. Standford, o alxinato é un hidrocoloide con alta capacidade para absorber auga (ata 20...

Biomateriais

Imagen
  Pódense facer biomateriais (bioplásticos) de xeito sinxelo. Variando os reactivos os resultados son moi diferentes. 

Dióxido de carbono na respiración

Imagen
Escanea o QR: no vídeo compróbase como cambia de cor a disolución tal e como se explica no cartel. 

2023...

Imagen
 Neste 2023 están proxectadas tres misións privadas para ir á Lúa. En marzo, espérase que unha nave espacial privada xaponesa e dúas estadounidenses aterricen no satélite. A que chegue primeiro, convertirase na primeira expedición privada en pisar a Lúa.  Podes descargar o calendario da NASA en  https://science.nasa.gov/get-involved/toolkit/planning-guide

Bacterias beneficiosas

Imagen
  As bacterias son un compoñente fundamental do iogur xa que interveñen no proceso de fermentación do leite para obter posteriormente este produto lácteo. As bacterias que se usan na produción de iogur, son microorganismos benignos que podemos atopar en grandes cantidades na natureza e no noso aparello dixestivo. “ Lactobacillus bulgaricus ” e “ Spreptococcus thermophillus ” son nomes das dúas principais especies de bacterias que interveñen no proceso de fermentación do leite para producir iogures. No club explicouse como facer iogur e o alumnado coa axuda das familias fabricou iogur na casa.

O Reino Vexetal

Imagen
   Coa chegada da primavera parece interesante buscar e clasificar plantas da contorna. Un herbario é unha actividade moi enriquecedora para os rapaces e rapazas, xa que incorpora labores de indagación, recolección, investigación e todo acompañado de creatividade.     Todo o traballo para desenvolver o herbario favorece o coñecemento do medio, a conservación do medio natural e o recoñecemento da importancia da biodiversidade do reino vexetal.      

Cianotipia

Imagen
  En 1842, John Herschel inventou este proceso mentres realizaba experimentos con sales de ferro fotosensibles . A pesar de que Herschel foi o inventor, as primeiras impresións foron realizadas pola botánica Anna Atkins en 1843. Atkins realizou un libro de fotografía sobre fentos e diversas plantas ilustrado con esta técnica. O proceso utiliza dous composto químicos: c itrato de hierroamoniacal e ferricianuro de potasio. D a súa mestura resulta unha solución acuosa fotosensible , que se utiliza para recubrir un papel. Unha imaxe positiva pordúcese expoñendo a unha fonte de luz ultravioleta (como a luz solar) cun negativo. A luz ultravioleta reduce o ferro(3+) a ferro(2+). A isto séguelle unha reacción complexa do ferro(II) con ferricianuro . O resultado é unha substancia insoluble en auga , de cor azul, coñecida como Azul de Prusia . Mestúranse en igual cantidade unha solución ao 8% de ferricianuro de potasio e unha solución ao 20% de citrato ...

Portas de Ciencia

Imagen
As portas das aulas da ESO adornáronse con mulleres relacionadas coa ciencia.  - Ángela Ruiz Robles : mestra, podería considerarse a inventora do primeiro libro electrónico - Isabel Zendal : enfermeira que coidou dos nenos que viaxaron a América para inmunizar a miles de persoas da variola.  - Elena García Armada: enxeñeira e deseñadora dun exoesqueleto para nenos.  - Katalin Karikó: bioquímica, responsable do deseño das vacina de ARNm.  - Anna Atkins: creativa científica que relacionou a botánica coa fotografía. - Antonia Ferrín: profesora, matemática e a primeira astrónoma galega. 

Sabías que...?

Imagen
As plantas e flores presentan cores moi variadas. Estas cores dependen dos pigmentos. Os principais pigmentos son: clorofila (cor verde), os carotenoides (cores amarelas, laranxas e vermellas), as antocianinas (vermellas e rosas) e a betalaína (morado). Ademais a cor tamén depende da luz. A clorofila, substancia necesaria para que vexetais e algunhas algas capten a luz, é fluorescente. Por iso, baixo luz ultravioleta (UV) presenta unha cor rosa. A natureza non para de sorprender!

Un volcán en erupción

      O   19 setembro de 2021 iníciase a erupción dun volcán na illa da Palma na zona de Cabeza de Vaca, despois dunha intensa actividade tanto sísmica como de deformación, rexistrada desde o día 11 de setembro.      O volcán de Cumbre Vieja da Palma é o máis activo de Canarias. Volveu a amosar a súa actividade, 50 anos despois da última erupción. É un volcán bastante singular, xa que, a diferenza doutros como o Teide, está formado pola sucesión de pequenos volcáns. A saída de lava, que pode ocorrer por calquera deles, iniciouse cunha erupción de tipo estromboliano para, posteriormente, alternar fases máis hawaianas.     O alumnado de 2º de primaria  realizou un precioso proxecto sobre volcáns. Pódese ver o resultado neste vídeo:

Xabón casaeiro

Imagen
Pódese aproveitar o aceite usado para fabricar xabón. Neste enlace  explícase como facer xabón reciclando aceite doméstico usado. As imaxes son do produto obtido no club.  Sobre esa receita, pódese engadir area ou azucre e facer un xabón exfoliante, ou podes engadir colorantes para darlle cor ao teu xabón. 

Bioplásticos

Imagen
 Os bioplásticos son plásticos que derivan de produtos vexetais (fécula de millo, pataca...) a diferencia dos plásticos convencionais que derivan do petróleo.   Neste enlace  podes aprender a facer un bioplástico con materias caseiros. 

Os ecosistemas

 Como xa contamos na entrada Aprender facendo, os alumnos e alumnas de primaria do club centráronse na elaboración de modelos. Deixamos un vídeo sobre as maquetas de ecosistemas terrestres e mariños. 

Día do libro

Imagen
 Hai libros que son capaces de cambiar a interpretación  do mundo. No club de ciencias fixemos unha pequena selección de libros que revolucionaron o pensamento científico. 

O sistema solar

Imagen
 O alumando de primaria que participa no club, segue a traballar nos modelos e maquetas para explicar a ciencia.  As seguintes maquetas son modelos do Sistema Solar . 

Hedy Lamarr: enxeñeira, inventora e actriz

 Hai mulleres que rompen todos os estereotipos, Hedy Lamarr foi unha delas. Podes comprobalo vendo o seguinte vídeo feitos Mirian López e Paula González.

11F "Día internacional da muller e a nena na ciencia"

Imagen
  Dende o ano 2016, o 11 de febreiro celébrase o "Día da muller e a nena na ciencia". O obxectivo principal deste día tan especial, é lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xéneros. Para potenciar as vocacións STEAM é imprescindible visibilizar o labor de mulleres que traballaron ou traballan en ciencia.

Aprender facendo

Imagen
      As alumnas e alumnos de 6º de primaria deseñaron unhas maquetas sobre os aparatos relacionados coas funcións de nutrición e de reprodución. Un traballo moi bo, onde a única limitación estaba en que os materiais tiñan que ser de reciclaxe. O resultado pódese ver nos vídeos que deixamos aquí . NON PERDAS A OPORTUNIDADE DE APRENDER CON ELES!

Os nosos pequenos astronautas levarían á lúa...

Imagen
Imagen